Integra Futuros Sostibeis

O básico...

Estudando os 'mini-bechos' do río Verdugo

Integra Futuros Sostíbeis promove o desenvolvemento sostíbel a través do deseño e da implantación de proxectos de xestión de espazos naturais, educación ambiental e participación cidadá.

Colaboramos tamén na busca de financiamento, público e privado, dende subvencións e patrocinios locais ata fondos europeos.

Os nosos proxectos sempre os levamos a cabo en colaboración con outras entidades: o sector público: concellos, centros educativos etc., e o terceiro sector: comunidades e mancomunidades de montes, asociacións veciñais, ecoloxistas e culturais, ANPA, etc. O noso forte é axudar a desenvolver unha idea inicial e convertela nun proxecto profesional, realizable e financiable.

Que facemos

Moitas veces os nosos proxectos combinan a recuperación e xestión física de espazos naturais con proxectos paralelos de educación para a sustentabilidade e de participación cidadá. Non obstante, para entendelos mellor, aquí dividimos os servizos que ofrecemos en 5 liñas distintas:

Accesibilidade

Tamaño de fonte

Escolle un estilo

Flor

Deseñada por
Unicursal Path

Level A conformance icon, W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0 Valid XHTML 1.0 Strict

Inicio | Servizos | Contacto