Educación ambiental
O futuro do noso patrimonio está nas mans dos nosos cativos e cativas. Para coidalo ben, teñen que coñecelo, teñen que querelo e teñen que entendelo.
Cremos que, moitas veces, a mellor aula para isto é a mesma natureza. Deseñamos e impartimos actividades educativas e interactivas nos espazos naturais, dentro e fóra do sistema escolar, mais sempre co fin de fomentar a apreciación da natureza e a contemplación sobre o noso impacto nela. Traballamos co profesorado, para equipalo cos coñecementos, ideas e materiais necesarios para aplicar a educación ambiental na aula.
Actividades con colexios: o mundo natural ao pé do cole
Creamos itinerarios e actividades dende os centros que fomentan que os rapaces miren o seu contorno con outros ollos. Aproveitando dos ríos, bosques, pradarías, parques e outros espazos verdes máis cotiáns, os/as alumnos/as avalían as súas zonas dende o punto de vista dos paxaros, das ras, das libélulas, de toda a vida salvaxe que está alí pero á que moitas veces non lle facemos caso. Equipados con ganapáns, paletas e lupas, axudámoslles aos rapaces a explorar os recunchos máis agochados para atopar os insectos e outros ‘mini–bechos’ que forman a base dos ecosistemas. Os nenos e as nenas, informados sobre as necesidades básicas de diferentes tipos de animais, empezan a aprender algo sobre a complexidade dos ecosistemas onde vivimos e a interdependencia entre especies.
E, o que é fundamental, empezan a decatarse de que incluso nas cidades, non só vivimos, senón convivimos co mundo natural — pero que as nosas vidas teñen un impacto nel e que o futuro sostíbel depende de nós —.
Guías didácticas e formación do profesorado
Coa finalidade de capacitar os centros e o profesorado para seguir coas actividades independentemente de nós, creamos guías didácticas e organizamos aulas ou obradoiros de formación, xerais ou específicos, nos temas de educación sobre a natureza e educación de sustentabilidade.
A fondo: educación ambiental
