Integra Futuros Sostibeis

A fondo: a participación cidadá

Os cambios necesarios no xeito de funcionar da nosa sociedade para promover un futuro máis sustentábel non poden ser só cambios que veñen de arriba: o seu éxito depende da participación da cidadanía neles. Nun sentido, participación quere dicir colaboración en iniciativas creadas pola Administración como, por exemplo, a separación de residuos para reciclaxe, ou a decisión de utilizar transporte público en vez do coche. Pero nunha sociedade realmente capacitada para tomar o mando da responsabilidade, a participación non se limita á colaboración en programas organizados por outros, senón que acolle unha cultura de participación activa, na que as ideas veñen tamén da cidadanía e a cidadanía sabe que ao final é para eles asegurarse de que o seu impacto é sostíbel.

Recuperación dun antigo camiño cos usuarios do centro LENDA de Redondela

O voluntariado ambiental é un xeito de promover este proceso. O seu valor non é a representación dun grupo de persoas que traballan de forma gratuíta —organizalo ben precisa recursos para a supervisión e a formación, que fan que moitas veces non sexa o xeito máis económico de realizar un proxecto— senón que é o valor da experiencia que poden levar os voluntarios. No nivel máis sinxelo, un voluntario que planta unha árbore non só a coida despois, tamén lles di aos demais que a coiden. Ao mesmo tempo aprende algo sobre árbores e comézaas a valorar máis noutros sitios. A forma de sensibilizar máis potente é a través da participación.

Os beneficios da participación activa exténdense máis alá do eido ambiental. A experiencia de participar, de saber por experiencia que podes facer unha diferenza, é dos mellores xeitos de dar confianza e inspiración para crear outras iniciativas. Para os obxectivos de promover unha cidadanía máis participativa en xeral (non só en temas ambientais), o fomento de voluntarios ambientais pode servir de catalizador.

Tampouco ten que limitarse a voluntarios que se apuntan porque xa teñen interese. Os proxectos ambientais ofrecen moitas oportunidades de promover unha axenda social máis ampla, de traballar con grupos xa existentes; de mozos, de discapacitados, doutros grupos marxinados. Ademais da experiencia práctica e ambiental, o orgullo e a integración social son, ás veces, o resultado máis importante.

Accesibilidade

Tamaño de fonte

Escolle un estilo

Pond

Deseñada por
Unicursal Path

Level A conformance icon, W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0 Valid XHTML 1.0 Strict

Inicio | Servizos | Contacto