Integra Futuros Sostibeis

Interpretación ambiental

Unha árbore invasora convertida na obra de arte 'as personaxes do bosque'

Deseñamos folletos, paneis e outros materiais de interpretación que aumentan o valor educativo de calquera visita aos espazos naturais.

Moi enlazado coa xestión de espazos naturais con fins educativos, a interpretación trata de facer dúas cousas: por un lado informa sobre o lugar e o seu interese e valor natural, mais tamén trata de personalizar e de fomentar a relación entre o visitante e o lugar. De feito, a mellor interpretación moitas veces non inclúe longas explicacións, senón trata de inspirar e provocar o interese. En Integra cremos no valor da arte ambiental como unha ferramenta de interpretación, como as esculturas nestas fotos que contan algo da historia e do presente do lugar, mais tamén provocan a imaxinación e a contemplación.

Panel interpretativo O valado das ondas, Chapela
Accesibilidade

Tamaño de fonte

Escolle un estilo

Leaves

Deseñada por
Unicursal Path

Level A conformance icon, W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0 Valid XHTML 1.0 Strict

Inicio | Servizos | Contacto