Deseño e xestión de proxectos e a busca de financiamento
A nosa experiencia no eido do desenvolvemento sostíbel e na Axenda 21 dende o seu comezo en Europa, nos principios dos anos 90, permítenos asesorar e planificar proxectos de forma estratéxica con certa autoridade. Os nosos servizos de asesoría van dende a produción de estratexias (por exemplo: plans de acción de Axenda 21 local, programas municipais de recuperación de espazos verdes, ou estratexias de educación ambiental) ata o deseño de proxectos individuais para que sexan profesionais, e para que cumpran cos obxectivos de promover o desenvolvemento sostíbel.
Igual de importante, 10 anos de experiencia na busca de financiamento para proxectos ambientais mostrounos como deseñar e presentar proxectos para que sexan atractivos para posíbeis promotores: dende subvencións municipais ata fondos europeos, dende patrocinios locais ata convenios con fundacións privadas.
Estamos convencidos de que o desenvolvemento sostíbel esixe un maior nivel de colaboración entre os sectores público, privado e voluntario (o ‘terceiro’ sector), e un dos papeis que pretendemos asumir é facilitar esa colaboración en proxectos.
De feito, consideramos que un dos aspectos que diferencia a Integra da maioría doutras empresas é que non soamente traballamos para os nosos clientes, senón que colaboramos con eles. Sabemos que moitas entidades, sobre todo entidades voluntarias, non teñen recursos para pagar o deseño dun proxecto, e, polo tanto, ofrecemos o primeiro asesoramento gratis — e moitas veces isto inclúe a preparación da solicitude para subvencións —.
